Alfredo Rodríguez, da Adega de colleiteiro Pousadoiro

Adega de colleiteiro Pousadoiro

A historia desta adega remóntase a varias xeracións, totalmente dedicados ao cultivo de viñas e vinificación, aí que a adega mantén a tradición e produce viños de autor coa tecnoloxía actual, como a fermentación controlada, etc …

Nós producimos o viño branco con uvas de castas autóctonas, onde predomina a Treixadura (50%), e Godello (30%), suplementado con Torrontés (10%), Albariño e Loureira (10%).

Todos os viños son feitos a partir de viñas de viticultura integrada, evitando tratamentos sistémicos e herbicidas na viña, o que permítenos fermentar viños sen residuos de léveda que afecten ou permanezan no viño. Así, obtéñense viños con máis personalidade e máis “saudables”.

O feito de que as nosas uvas veñen só de nosas propias viñas permítenos, mediante procesos selectivos en viña obter uvas ideais e en boas condicións sanitarias, descartando uvas enfermos e entrar só o mellor a adega. Así, o contacto entre uvas saudables e  defectuosas é completamente evitado.

Para nós, a viña é un ecosistema que, se se respeta o seu equilibrio impide a incidencia da maioría das pragas e afecta a complexidade dos viños.

Viños que producimos

Pousadoiro

Producción: 6.000 botellas.

Responsable Adega e viñedos: Alfredo Fernández Rodríguez

Enoloxía: J. Pereira Felicisimo Freijido e Maribel Gómez Soriano.

Variedades: Treixadura (50%), Godello (30%), Torrontés (10%), Albariño e Loureira (10%)

Superficie da viña: 4,5 hectáreas de propiedade.

Localización da viña: Ribeiro do Miño, terreo pizarroso

D.O: Ribeiro

Alcohol: 13,1% Vol.

Colleita: En caixas ríxidas de 20 kg, con unha selección de uvas no viñedo propio, segundo a maduración e estado de saúde.

Procesado: Despalillado e maceración en frío, prensa neumática.

Fermentación: En depósito de aceiro inoxidable 3000l, temperatura controlada.

CATA: Amarelo limón, brilante. En nariz froita madura, melón, cítricos (pel de laranxa confitada). En boca é untuoso, intenso, salino, complexo e elegante. Potencia o toque cítrico e o recordo balsámico (mel-limón). 

Dona Gotto

Viño de autor.

Producción: 2.000 botellas.

Responsable Adega e viñedos: Alfredo Fernández Rodríguez.

Enóloxía: J. Felicísimo Pereira Freijido e Maribel Gómez Soriano.

Variedades: Caíño longo 100%.

Localización da viña: VIÑA FONTIDÁ Ribeiro do Miño, terreos esquistosos.

D.O: Ribeiro

Alcohol: 12% Vol.

Colleita: En caixas ríxidas de 20 Kg, con selección de uvas na propia viña, segundo maduración e estado sanitario.

Procesado: despalillado, fermentación en inoxidable, prensado, fermentación maloláctica.

CATA: Un viño sen concesións, moi directo, fresco, que nos permite de forma desenfadada gozar da frescura dos viños do Ribeiro. Este tipo de viños atlánticos que nos namoran, un viño de corpo medio, sutil, que xoga cos aromas de froita vermella ácida, ferro, lixeiro toque sanguíneo, terra vermella, aromas de rosa murcha e cereixas, amorodos con rica madurez, que nos amosa percepcións agochadas de orellóns e pan.

Amphora Branco

Viño de autor, elaboración entre Javier López Pousa e Alfredo Fernández Rodríguez

Producción: 800 botellas.

Responsables Adega e viñedo: Alfredo Fernández Rodríguez e Javier López Pousa

Enoloxía: Felicísimo Pereira e Maribel Gómez Soriano.

Variedades: Treixadura (80%), torrontés (20%).

Superficie de viñedo: 4 hectáreas de propiedade.

Localización da viña: Ribeiro do Miño, terreos pizarrentos.

D.O: Ribeiro

Alcohol: 12 % Vol.

Colleita: En caixas ríxidas de 20 Kg, con selección de uvas na propia viña, segundo maduración e estado sanitario.

Procesado: 2ª selección en mesa na adega, despalillado, criomaceración de 5 días, fermentación e crianza en ánforas de barro usadas.

Cata: Amarelo pallizo con reflexos dourados. No nariz boa intensidade, lía fina e sutil recordo a mazá, cítricos, herbas aromáticas e balsámico. Untuoso na boca, salino, acidez media que vai en crescendo, persistente, limpo con recordo sutil a lía fina e caramelo.

Amphora Tinto:

Viño de autor, elaboración entre Javier López Pousa e Alfredo Fernández Rodríguez

Producción: 800 botellas.

Responsable adega e viñedo: Alfredo Fernández Rodríguez

Enoloxía: Felicísimo Pereira e Maribel Gómez Soriano.

Variedades: Garnacha centenaria, Sousón, Ferrón, Caíño, Brancellao.

Superficie de viñedo: 1500m2 de propiedade.

Localización da viña: Ribeiro do Avia, terreos sabregosos.

D.O: Ribeiro

Alcohol: 12 % Vol.

Colleita: En caixas ríxidas de 20 Kg, con selección de uvas na propia viña, segundo maduración e estado sanitario.

Procesado: 2ª selección en mesa na adega, despalillado, criomaceración de 5 días, fermentación e crianza en ánforas de barro usadas.

CATA: Vermello cereixa con borde rubí e capa media baixa. No nariz é complexo, hai recordos de froita vermella acompañados de herbáceas e lixeiro tabaco. Na boca ten carácter. Boa acidez, con tanino nobre. No retrogusto, máis expresivo que no nariz, con predominio do recordo da froita vermella e un toque floral.

Contacta con Adega Pousadoiro

Teléfono: 667568029     

Enderezo electrónico: pousadoiro@gmail.com

Redes sociais: Instagram @adega_pousadoiro