
A Asociación
Filosofía e obxectivos da Asociación
A Asociación de Colleiteiros e Embotelladores do Ribeiro defende un modelo para a Denominación de Orixe baseado na diferenciación a través da tipicidade, a excelencia e a recuperación da esencia histórica do Ribeiro. Este modelo, aprobado en asemblea e remitido ao Consello Regulador, busca devolverlle ao viño do Ribeiro o seu verdadeiro carácter, construído sobre séculos de tradición, saber e respecto pola terra.
O noso obxectivo é reposicionar a marca Ribeiro como referente de calidade e autenticidade, establecendo unha clasificación dos viños segundo a súa orixe e garantindo que todos eles manteñan a súa identidade galega. Defendemos un sistema que recoñeza o traballo do colleiteiro, elaborado con 100% de variedades autóctonas. Apostamos, ademais, por unha viticultura responsable e coherente co territorio, propoñendo a reconversión das viñas de variedades foráneas e rexeitando a ampliación dos límites da denominación mentres existan terras produtivas abandonadas.
A nosa filosofía é sinxela e firme: calidade e orixe en cada botella. Somos pequenas adegas que traballan as súas propias viñas e elaboran o seu propio viño, mantendo vivo un xeito de facer que se transmite de xeración en xeración. Cada colleiteiro é gardián dun patrimonio vitícola e cultural que forma parte da identidade de Galicia.
Cremos que o futuro do Ribeiro pasa por un modelo de valor, non de volume: pola diferenciación, pola excelencia e polo respecto á nosa esencia. Reivindicamos a modernización das denominacións galegas, o liderado no mercado dos tintos autóctonos e a aposta decidida polo enoturismo de calidade, capaz de converter O Ribeiro nun destino singular e sostible, onde o viño se viva como cultura e emoción.
Nos últimos sesenta anos perdeuse o 85% da superficie de viñedo, e con ela unha parte importante da nosa identidade. Na Asociación estamos convencidos de que o futuro pasa por volver mirar á terra e ás castes autóctonas.
Queremos garantir a supervivencia e a prosperidade dun territorio vitivinícola único, para que o Ribeiro siga falando da súa terra con forza, coa voz limpa e auténtica do viño galego.
Colleiteiros asociados
- ADEGA JOSÉ ESTÉVEZ S.L.
- ADEGA MANUEL ROJO S.L.
- ADEGAS CELME, S.L.
- ADEGA POUSADOIRO
- ADEGAS RAÍCES GALEGAS S.L.
- CUÑAS DAVIA
- ANTONIO CAJIDE GULÍN – SAMEIRÁS
- ANTONIO GIRALDEZ ARIAS
- ANTONIO MIGUEZ AMIL – Boas Vides
- ARCO DA VELLA ADEGA DE ELADIO S.L.
- BERNARDO ESTÉVEZ VILLAR
- BODEGAS GÓMEZ SANMARTIN S.L.
- BODEGAS VAL DE SOUTO S.L.
- COLLEITEIRO MANUEL PENEDO S.C. – GANDARELA
- DIEGO DONIZ DIEGUEZ – Tear dos Dodi
- FERNANDO CIBERA ESTEVEZ
- HÉCTOR PÉREZ. MICROPARAXES
- JAVIER ESTEVEZ ABELEDO
- JOAQUÍN VÁZQUEZ MARTÍNEZ
- JOSE MERENS MARTÍNEZ – LAGAR DO MERENS
- JOSE VARELA AGUADO – CATRO FERRADOS
- JULIA MAR BANDE PIVIDA – SON DE ARRIEIRO
- LAZARO MORENO SOTELO – LAUDES
- MONTE DO SUIDO – EULOGIO COLLARTE
- JUAN CARLOS VILLAR BLANCO