Colleiteiros Son Festival: música, viño e tradición no corazón do Ribeiro

O Colleiteiros Son Festival naceu no verán como unha homenaxe á terra, á xente e aos viños que fan do Ribeiro un territorio vivo e diverso. Organizado pola Asociación de Vitivinicultura Artesanal de Galicia, o festival celebrouse durante os venres e sábados de xullo e agosto, a partir das 21:00 horas, en adegas e viñedos de colleiteiros.

Esta primeira edición quixo achegar o público aos viños de produción limitada, elaborados con respecto á terra e ás variedades autóctonas, e ofrecer unha experiencia directa cos colleiteiros. En cada cita, os asistentes puideron conversar cos produtores, probar viños únicos e gozar da música e da gastronomía local nun ambiente relaxado, ao solpor, entre cepas e paisaxe.

O festival combinou música en directo e degustación de produtos locais, creando encontros auténticos que amosaron o carácter artesanal e cultural do Ribeiro. Cada adega converteuse por unha noite nun pequeno escenario onde o viño, a música e a amizade se deron a man.

Programa da primeira edición

  • Adega Pousadoiro → Música con FolyLamas & José Feal e Isidro Vidal.
  • Celme → Música con Sr. Nilsson.
  • Casal do Canteiro → Música con Sr. Jingles.
  • Cuñas Davia → Música con Gancho y Crochet.
  • Xulia Bande → Música con Pablo Prego e DJ Charly.
  • Arco da Vella → Planificada a Música con Os Tarabelos, finalmente cancelado.

Un encontro co alma do Ribeiro

O Colleiteiros Son Festival é máis ca un ciclo de concertos: é unha viaxe polos vales do Ribeiro, unha forma de descubrir o territorio a través do viño e da música. Cada copa conta unha historia, cada canción acompaña unha lembranza.
Os colleiteiros do Ribeiro convidan a veciños e visitantes a seguir celebrando a vida entre viñas, recoñecendo nas mans que traballan a terra a verdadeira alma dun patrimonio que segue vivo, auténtico e orgullosamente galego

Presentación

O vicepresidente da asociación, Antonio Míguez, presenta os obxectivos do festival: