Diego Doniz – Tear dos Dodi

D. Silverio Diéguez Armada comezou a elaborar os seus propios viños, das súas propias viñas, arredor de 1950, coa entrega, experiencia e valores inculcados polo seu pai Evencio, mellorando os procesos, tanto na viña como na elaboración, dentro das posibilidades que permitían os tempos. Parte dos viños que elaboraba eran para consumo propio, vendendo o resto aos corredores da zona que viñan na procura de viños diferentes.

No 2004, para adaptarse á normativa do sector, realizouse unha reforma importante tanto nas instalacións como no viñedo, pasando o meu avó Silverio a testemuña á miña nai Amalia, pero sempre respectando as tradicións de antano coas técnicas máis modernas. Actualizáronse os equipos, métodos de elaboración e almacenamento do viño mediante depósitos de aceiro inoxidable, permitíndonos ter un maior control do proceso de elaboración e unha diferenciación dos nosos viños.

Na actualidade, a adega conta con 1,5 hectááreas de viñedo formadas por 60 pequenas parcelas distribuídas entre os concellos de A Arnoia e Castrelo de Miño, situadas en diferentes zonas e niveis, permitindo unha vinificación distinta por parcela e traballadas de xeito manual.

Viños que producimos

Tear dos Dodi (Treixadura e Torrontés).


Tear dos Dodi (Caiño Tinto, Ferrón, Brancellao e Sousón).

Contacta con Diego Doniz

Teléfono: 606135159

Enderezo electrónico: teardosdodi@gmail.com

Redes sociais: Instagram @adegadiegodonizdieguez