
Adega de colleiteiro Monte do Suído
En Monte do Suído, a nosa adega é o reflexo de máis de 50 anos de historia herdada e reinventada, unha historia que cada botella conta e onde cada copa expresa a esencia única do noso territorio.
Sentímonos orgullosos de compartir a nosa paixón polo viño, coidando cada detalle desde a viña ata a copa. Queremos que cada grolo sexa unha experiencia que conecte coa terra, coa cultura e co legado do noso nome.
Viños que producimos
Monte do Suído Bocoi
Tinto crianza. Mencía, Sousón e Brancellao.
Homenaxe Eulogio Collarte
Treixadura, Loureira, Godello e Albariño.
Monte do Suído Branco
Treixadura, Torrontés, Godello e Albariño.
Xtabay
Cepas vellas. Xerez.
Contacta con Monte do Suído
Teléfono: 645239539
Enderezo electrónico: joalamvi@gmail.com
Redes sociais: Instagram @montedosuido



