A privacidade é de grande importancia para COLLEITEIROS.COM e queremos manter unha actitude aberta e transparente ao tratar os seus datos persoais. Por iso, dispoñemos dunha política que establece como se tratan e protexen os seus datos persoais.
Quen é o responsable do tratamento dos seus datos?
Responsable do tratamento: ASOCIACIÓN GALEGA DE VITIVINICULTURA ARTESANAL
CIF: G32252587
Domicilio social: Praza das Damas, 1. 32005. Ourense
Correo electrónico de contacto: info@colleiteiros.com
Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?
En COLLEITEIROS.COM tratamos a información que nos facilitan as persoas interesadas co fin de realizar a xestión administrativa, contable e fiscal dos servizos solicitados, así como enviar comunicacións comerciais sobre os nosos produtos e servizos, sempre que vostede prestase o seu consentimento.
Durante canto tempo conservaremos os seus datos?
Os datos conservaranse mentres se manteña a relación comercial e, de ser o caso, durante os anos necesarios para cumprir coas obrigas legais que resulten de aplicación.
Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?
Indicámoslle a base legal para o tratamento dos seus datos:
- Execución dun contrato: prestación dos servizos solicitados.
- Consentimento do interesado: envío de comunicacións comerciais.
A que destinatarios se comunicarán os seus datos?
Non está prevista ningunha cesión de datos persoais.
Transferencias de datos a terceiros países
Non están previstas transferencias de datos a terceiros países.
Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se en COLLEITEIROS.COM estamos tratando datos persoais que lle concirnan, ou non. As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, de ser o caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins cos que foron recollidos.
En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, nese caso unicamente se conservarán para o exercicio ou defensa de reclamacións. En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, os interesados poderán opoñerse ao tratamento dos seus datos. Nese caso, COLLEITEIROS.COM deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos, ou para o exercicio ou defensa de posibles reclamacións.
Poderá exercer materialmente os seus dereitos dirixíndose ao enderezo de correo electrónico do responsable do tratamento indicado anteriormente, achegando copia do seu DNI ou documento de identidade. Se concedeu o seu consentimento para algunha finalidade concreta, ten dereito a retirar o consentimento en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.
No caso de que considere vulnerados os seus dereitos en relación coa protección dos seus datos persoais, especialmente cando non obteña satisfacción no exercicio dos seus dereitos, pode presentar unha reclamación ante a Autoridade de Control competente en materia de protección de datos a través do seu sitio web: www.aepd.es.
Como obtivemos os seus datos?
Os datos persoais que tratamos en COLLEITEIROS.COM foron proporcionados directamente polo interesado. As categorías de datos que se tratan son: datos identificativos, enderezos postais e electrónicos e información comercial.