O Cerne do viño galego

Somos Colleiteiros: viticultores e elaboradores artesáns que traballamos a nosa propia uva, coidadosamente cultivada no Ribeiro e noutros territorios vitivinícolas de Galicia. Somos herdeiros dunha tradición histórica e orgullosos dun xeito de facer viño que se mantén vivo.

A figura do colleiteiro existe en exclusiva na Denominación de Orixe Ribeiro desde 1987, recollida no artigo 17 do seu Regulamento. Defínese como aquela adega que elabora menos de 60.000 litros ao ano, únicamente con uva de colleita propia. Non compramos uva. Non delegamos o noso oficio. Nin un só acio chega de fóra.

Sabemos o que pasa en cada cepa, en cada parcela, en cada vendima. Do viñedo á botella, todo pasa por nós.

Artesanía con nome propio

A nosa asociación —antes Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro e agora Asociación Galega de Vitivinicultura Artesanal (Colleiteiros)— impulsa unha identidade común: a do viticultor elaborador, e amplía o seu rango territorial a toda Galicia

Isto significa:

✅ Elaboración completamente ligada á orixe
✅ Producción limitada e controlada
✅ Uso de variedades autóctonas
✅ Agricultura responsable e sostible
✅ Viños que expresan o territorio sen filtros

Compromiso coa Terra e co Futuro

Defendemos:

  • Un crecemento económico sostible e inclusivo para o rural galego
  • O emprego digno no sector vitivinícola
  • A loita contra o cambio climático
  • Un modelo produtivo que respecta o medio ambiente

Coñece aos asociados

Accede á páxina dos colleiteiros asociados para coñecer quen é quen no mapa da vitivinicultura galega:

Presentación

O presidente da Asociación, Alberto Úbeda presenta os obxectivos e o modelo produtivo da asociación: