Antonio Míguez – Boas Vides

Son Antonio Míguez Amil. Nacín en 1968, ao outro lado dunha viña, nun pequeno mundo feito de xente, ríos, regatos e outeiros cubertos de cepas. O tempo mudou moitas cousas, pero aquela paisaxe da infancia quedou fondamente gravada. De rapaz escoitei moitas veces que había que estudar e buscar un oficio “de proveito”, porque a terra era dura e esixente. Tiñan razón, pero a terra tamén deixa pegada.

Non entendo o viño sen boas vides, nin as vides sen un medio natural vivo e san. O viño nace moito antes da adega: nace no respecto pola terra.

Despois de anos de reflexión, viaxes e idas e voltas polo mundo, xurdiu a necesidade de retomar o camiño que xa seguira a miña familia cando menos desde o século XVIII: facer viño no Ribeiro, unha das comarcas vitícolas máis antigas de Europa.


A partir de 1993 comecei a recuperar viñas vellas e lugares de produción ancestral nas ladeiras e outeiros das ribeiras do Avia. Alí replantei as castes do país, as mesmas que deron sona e identidade histórica aos viños do Ribeiro.

Viños que producimos

Para do Pé Tinto. Viño Tostado, naturalmente doce.
Caiño Longo · 40%, Sousón · 40%, Brancellao · 20%

Para do Pé Branco. Viño Tostado, naturalmente doce.

Boas Vides Branco.

Boas Vides Tinto.
Carabuñeira · 30, Garnacha · 20%, Brancellao · 20%, Sousón · 10%, Espadeiro · 10%, Zamarrica · 10%.

Sobranceiro.

Contacta con Antonio Míguez

Teléfono: 679828531

Enderezo electrónico: minifundio@hotmail.com

Redes sociais: Instagram @boasvides