
Cuñas Davia
Cuñas Davia é un proxecto familiar nacido para reivindicar Cuñas como un dos grandes terroirs históricos do Ribeiro. A través dos nosos viños defendemos a súa calidade, o seu carácter e o prestixio que esta zona tivo durante séculos.
A orixe do proxecto está no meu pai, Antonio García Carrasco, que ao longo de toda a súa vida compaxinou o seu traballo no xulgado cunha dedicación constante ás viñas. Do meu avó herdou os principios básicos da biodinámica, entendida como a relación entre o cultivo, o viño e os ciclos naturais, así como un profundo respecto pola sustentabilidade do medio. Con esta base fundou Cuñas Davia en abril de 2004. Dende o comezo, a miña irmá María e máis eu acompañámolo neste camiño.
María, licenciada en Dereito e avogada, ademais de asesorar á sociedade, achega a súa visión creativa ao deseño da imaxe corporativa, un dos elementos que mellor define a personalidade do proxecto.

Eu son Alberto, Enxeñeiro Industrial. No ano 2009 decidín deixar a miña profesión para dedicarme de cheo á xestión da adega. Co apoio dun equipo técnico de primeiro nivel, formado por César Alonso e Eliseo Méndez, traballo para acadar a máxima expresión en cada un dos nosos viños Cuñas Davia e para darllos a coñecer a través dunha rede comercial en continuo crecemento, que xa traspasa as nosas fronteiras.
Viños que producimos
Cuñas Branco sobre lías.
Sabroso e amplo na boca, cunha boa persistencia froital (cítricos) e a acidez xusta que lle achega frescura.
Final longo, untuoso e equilibrado.
A Xiada.
Elaborado con uvas seleccionadas das nosas mellores parcelas, que no ano 2017 e tras unha extraordinaria xeada, na segunda brotación deron lugar á primeira colleita deste viño.
Dende entón elabórase con maceración en neve carbónica para tratar de revivir aquel momento.
Cuñas Davia Branco Barrica
Complexo e elegante. No nariz é froital, con notas de froita de óso, piña madura e mazá asada.
Cuñas Davia Tinto.
No nariz é fresco e de boa intensidade aromática. Dominan os froitos vermellos silvestres e as froitas do bosque, guindas, framboesas, amoras e morotes, sobre lixeiros aromas de cacao, suaves torrefactos e froitos secos tostados que anuncian o seu paso por barrica.
Paxareiras.
Paxareiras 2022 é unha edición limitada de 371 botellas lacradas e pintadas a man, elaborado coas mellores uvas de Caíño Longo e Sousón da nosa finca Paxareiras. Crianza de 24 meses en barrica e cando menos outros 12 meses en botella.
Contacta con Cuñas Davia
Teléfono: 669 892 681
Enderezo electrónico: info@adegasvaldavia.com
Redes sociais:
Instagram @cunasdavia
Facebook: Cuñas Davia
Tik Tok: @cunasdavia
Youtube: @cunasdavia




