Coñece a Asociación Galega de Vitivinicultura Artesanal
Quen somos
Pequenas adegas, grandes historias. Os colleiteiros mantemos viva a tradición de cultivar e elaborar con identidade propia, dende as nosas viñas ata a botella. Apostamos pola calidade e por manter o noso patrimonio.
No corazón do Ribeiro, onde a tradición colle forma en cada viña, nace o Colleiteiros Son Festival: un encontro que une música en directo, gastronomía local e viño. As adegas colleiteiras abren as súas portas para celebrar o que somos.
As Xornadas ‘Falemos do futuro da vitivinicultura galega’ son un espazo de encontro e reflexión para viticultores, adegueiros e apaixonados polo mundo do viño que cren que a tradición do noso territorio é a base dun porvir sostible.
Somos pequenas adegas que traballan a súa propia viña e elaboran o seu propio viño, mantendo unha forma de facer que vén de lonxe. Defendemos as variedades autóctonas, o territorio e o carácter único do viño en Galicia. A nosa filosofía é simple: calidade, orixe e verdade en cada botella. Xuntos, impulsamos un futuro no que o viño galego siga falando da súa terra con forza.
Reivindicamos algo esencial para O Ribeiro: coñecer e clasificar as nosas viñas, os solos e as variedades de cada parcela. A zonificación non é só unha ferramenta técnica, é un xeito de demostrar ao mundo que o Ribeiro é un territorio de calidade, cun carácter propio e recoñecible.
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.